| .......... |
..
..
| Prodúcese
acción cando o seu grupo de destino fai algo, no canto de limitarse a
aprendelo. |
. |
A formación
máis eficaz é a activa, na que os participantes aprenden facendo. |
, ,
| O
seu labor como activista consiste tanto en estimular como en guia-la acción
comunitaria. |
. |
Non mobiliza
unha comunidade por reunilos para unha xuntanza ou por formar un comité
qua aínda non fixo nada. |
, ,
|
Teraos mobilizado
só cando estean comprometidos coa acción, é dicir, que se movan.
|
..
|
(العربيّة:
الفعل,
Deutsch:
aktion,
English: action,
Español:
acción,
فارسی:عمل
کنی, Filipino/Tagalog:
akysion,
Français:
action,
Galego:
acción, Ελληνικά:
Δράση,
हिन्दी: कार्रवाई,
日本語:
行動,
Kiswahili:
vitendo,
Português:
acção,
Romãnã: actiune,
Pyccкий:
Действие)
|
.
.
| Un
activista é alguén que mobiliza, é dicir, que fai que as cousas se movan.
Animador social. Oficial ou axudante para o desenvolvemento comunitario. |
. |
Traballador
comunitario. Promotor da participación comunitaria. Ver ser
activista. |
...
|
(Deutsch:
mobilisieren,
activist,
English:
mobilizer,
activist,
animator,
Español:
activista,
Filipino/Tagalog: pakilusin,
Italiano: attivista,
Kiswahili: ramsisha.
Français: mobilisateur,
Galego: activista,
Português:
ativista,
Romãnã: mobilizator)
|
|
|
.
...
| A
palabra «aliviar» significa quita-la dor e o malestar dun xeito temporal.
Dar diñeiro aos pobres non remata coa pobreza. |
. |
Como activistas
adicados a combati-las causas da pobreza no canto dos seus síntomas,evitamos
este plantexamento (o mero alivio fruto da transferencia de diñeiro). |
...
..
..
| Ás
veces tamén chamada animación social. Do latín «anima» (vida, alma,
lume, movemento automático). Para estimular ou mobilizar a unha comunidade
para que se mova por sí mesma, que viva, que se desenvolva. |
. |
Outras veces
úsase como substituto de mobilización. Animación significa unir e mobiliza-la
comunidade para que consiga (como unidade) o que pretende. |
..
| A
metodoloxía da potenciación comunitaria leva a animación social un paso
máis alá, usando métodos de formación para directivos co propósito
de aumenta-la capacidade da comunidade (ou das organizacións con sede
nela) para decidir, planificar e dirixir o seu propio desenvolvemento.
Forma a membros e líderes da comunidade nas técnicas de xestión necesarias
para garantir que a comunidade teña o control sobre o seu propio desenvolvemento. |
..... |
Tamén alenta
e forma a funcionarios do goberno, autoridades locais e líderes comunitarios
para que abandonen o rol protector de facilitar instalacións e servicios.
Aprenden a axudar ás comunidades a identificar recursos e levar a cabo
accións para conseguir e manter servicios e instalacións para o poboado. |
.
|
(العربيّة:التحريك,
Deutsch:
animation,
Soziale
Animation, English:
animation,
social
animation, Español: animación,
animación
social, فارسی:فعالیت,
Filipino/Tagalog: Pagbibigay-Buhay
Panlipunan, Français: animation,
animation
sociale, Galego:
animación,
हिन्दी: एनिमेशन,
Italiano:
animazione,
日本語:
活発化,
Kiswahili:
ramsa,
Português:
animaçãoanimação
social, Romãnã: animare,
animare
sociala)
|
..
...
| Animación
social significa poñer vida («ánima») nunha institución social, como
poida ser unha comunidade. |
. |
A miúdo chamada
«animación» (non confundir con facer debuxos animados para o cine).
Ver animación. |
..
| (العربيّة:التحريك,
Deutsch:
animation,
Soziale
Animation, English:
animation,
social
animation, Español: animación,
animación
social, فارسی:فعالیت,
Filipino/Tagalog: Pagbibigay-Buhay
Panlipunan, Français: animation,
animation
sociale, Galego:
animación,
हिन्दी: एनिमेशन,
Italiano:
animazione,
日本語:
活発化,
Kiswahili:
ramsa,
Português:
animação,
animação
social, Romãnã: animare,
animare
sociala) |
..
..
.
|
(Deutch:
animator,
English: animator,
mobilizer,
activist,
Español:
activista,
Filipino/Tagalog: Pagbibigay-Buhay,
Français: mobilisateur,
animateur,
Galego: animador,
Italiano: animatore,
Kiswahili: ramsisha.
Português:
animador,
Romãnã: animator)
|
.
...
| Unha
«análise da situación» é un procedemento durante o cal se identifican
as características globais e os problemas prioritarios dunha comunidade.Ver
VEP. |
. |
O seu traballo
como activista consiste en que tódolos membros da comunidade, ou tantos
coma sexa posíbel, participen na observación e análise da situación
da comunidade. |
.
| (Bahasa
Indonesia: analisa
situasi, Deutsch: Situationsanalyse,
English: situation
analysis, Español: análisis
de la situación, Filipino/Tagalog: pagsusuri
ng sitwasyon, Français: analyse
de situation, Galego: análise da situación, Ελληνικά:
Ανάλυση
της Κατάστασης, Malay: analisis
situasi,
Nederlands:
situatie-analyse,
Português:
análise
de situação, Romãnã: analiza
a situatiei, اردو (Urdu): صورتحال
کا تجزی) |
.
..
| Posibelmente
a emoción máis perigosa no noso traballo sexa o anoxo ; cómo o tratamos.
Como seres humanos, temos emocións, e o anoxo é só unha delas. Non pasa
nada por estar anoxado; forma parte da condición humana. Non teriamos
que sentirnos culpables ou avergoñarnos cando sentimo-la emoción do anoxo.
O anoxo é en sí unha emoción humana normal. Temos que acepta-lo feito
de anoxarnos. |
... |
Porén, o xeito
no que actuamos cando estamos anoxados pode afectar ao noso traballo, xa
esteamos mobilizando comunidades, coordinando voluntarios ou dirixindo
ao persoal. Cando un cliente, un voluntario, un membro do persoal ou da
comunidade comete un erro (especialmente un que afecte aos nosos obxectivos,
por exemplo), sentimo-la tentación de amosa-lo noso anoxo, cando ese é
precisamente o momento no que deberiamos manternos calmos e serenos. |
..
| Cando
vemos que alguén comete un erro que afecta aos resultados que desexamos,
temos que recoñecer que isto nos anoxa e que é responsabilidade nosa
manexar ese anoxo. A acción máis rápida e eficaz a levar a cabo é ir
dar un paseo. Se non hai tempo para iso, daquela deberiamos polo menos
ir a outra habitación sen mostra-lo noso anoxo, e deixar que desapareza
ahí, fora da vista dos que o causaron. |
. |
Logo, cando
teñamo-lo anoxo baixo control, poderemos facer fronte mellor á cousa
ou suceso que o provocou. Se foi un erro dun cliente, dun voluntario, dun
membro do persoal ou da comunidade, podemos actuar como se describe na
palabra clave erro. Esta acción só será
efectiva se a emprende estando tranquilo e con dominio de sí mesmo. |
.
..
..
..
| Ás
veces está relacionada cunha filosofía fatalista. Porén, "A Deus
rogando e co mazo dando," é un dito
que demostra que estamos nas mans de Deus, pero tamén temos a responsabilidade
de axudarnos a nós mesmos. |
.. |
Fomos creados
con moitas habilidades: a de escoller, a de cooperar, a de organizarnos
para mellora-la nosa calidade de vida; non deberiamos deixar que as nosas
ideas sobre Deus ou Alá nos sirvan como escusa para non facer nada. |
.
|
(Deutsch:
Apathie,
English:
apathy,
Español:
apatía,
Filipino/Tagalog:
pagsasawalang
bahala,
Français: apathie,
Galego: apatía,
Kiswahili: usugu,
Português:
apatia,
, Romãnã: apatie,
Somali:
naceyb)
|
. .
| Atención
sanitaria primaria: |
...
| O
concepto de atención sanitaria primaria, promovido e apoiado pola Organización
Mundial da Saúde, é un paquete de normas e prácticas de especial interés
para os pobres e os habitantes de países con baixos ingresos. |
. |
Os principios
que contén ese paquete fan fincapé no emprego de diñeiro para o coidado
sanitario de baixo coste para enfermidades comúns, que afectan á maioría
da poboación, no canto de emprega-los escasos recursos en prácticas curativas
de alto coste e sofisticadas (por exemplo, alta tecnoloxía) que só benefician
aos ricos. |
...
| Tamén
recoñece que previr é moito máis barato que curar, que da como resultado
unha redución da mortalidade (índice de mortalidade) e da morbosidade
(índice de enfermidade) que presionan a economía, e é máis humano. |
. |
Inclúe a idea
de que se pode dar formación de baixo nivel en técnicas médicas a moitas
persoas, que poden chegar aos recantos máis remotos do país, e que poden
remiti-los casos difíciles a profesionais máis preparados nas áreas
urbanas. |
...
| A
idea de ASP é importante para os activistas dos países pobres, xa que
ten que entendela todo o mundo, e é un xeito máis eficiente de asigna-los
limitados recursos. |
... |
Os principios
que hai detrás da ASP tamén son aplicabeis a outras actividades baseadas
na comunidade, como o traballo social baseado na comunidade. Ve-lo acrónimo
ASP. |
...
.
| Avaliación
ou valoración participativa: |
...
| Antes
de planificar un proxecto, débese avalia-la situación. Ver VEP
ou ARP |
. |
Para que un
proxecto se considere «baseado na comunidade»,
a totalidade de mesma debe participar observando e analizando, tentando
atopa-los problemas, posibilidades, recursos e limitacións. |
...
| Unha
comunidade e os seus membros non participan na súa propia avaliación
dun xeito automático. Un decreto, unha lei, unha frase no deseño do proxecto,
ou unha declaración de intencións non van asegurar que participe a totalidade
da comunidade. |
. |
Os membros
da comunidade precisan de ánimos, coñecementos, estímulo e guía para
participar na avaliación ou valoración. Entre as múltiples tarefas do
traballador comunitario, activista, ou facilitador, proporcionárllelos
está entre as máis importantes. |
...
|
A provisión dese
estímulo e formación denomínase cos distintos acrónimos,
ARP ou VEP.
|
...
| (Bahasa
Indonesia: penaksiran
partisipator, Deutsch: particiatory
appraisal, English: participatory
appraisal, Español: evaluación participativa
rural, Filipino/Tagalog: pakikilahok
na pagtataya, Français: évaluation
rapide/rurale participatoire, Galego: avaliación
ou valoración participativa, Ελληνικά: Συμμετοχική
Εκτίμηση, Malay: penilaian
atau penaksiran penglibatan, Nederlands:
participerende
observatie of beoordeling, Português: avaliação
de participação, Romãnã: estimarea
sau evaluarea participativa, ردو (Urdu): مشترکہ
تجزیہہ) |
.
.
.
...
|
Se atopou vostede
algunha palabra que estea relacionada coa potenciación comunitaria e que
precise ser discutida, por favor, escríbanos.
|
...
.
....
.
.
|
(العربيّة
(Arabic): , Deutsch: , English: , Español: , Filipino/Tagalog: , Français:
, Ελληνικά: , हिन्दी (Hindi): , Kiswahili: , Português:
, Romãnã: , Pyccкий: , Somali: , ردو (Urdu): )
|
..
.
––»«––
|