| .......... |
.
..
.....
|
A habilidade,
poder
ou forza dunha comunidade ou organización.
Cando se potencia, gaña máis forza.
|
..
|
(Deutsch:
empowerment,
die
stärkung, leistungsfähigkeit,
English: capacity, power, strength,
Español: capacidad,
potenciación,
Filipino/Tagalog: kakayahan,
pagpapalakas,
Français:
capacité,
empowerment,
Galego:
capacidade,
Italiano:
empowerment,
Kiswahili:
uwezo,
Português:
capacidade,
fortalecendo,
Romãnã: capacitate,
Pyccкий:
paзвития,
Somali: awooda)
|
.
...
| A
axuda aos pobres e aos necesitados é un valor universal, reflectido en
tódalas grandes relixións. Pero hai xeitos e xeitos de dar. |
.
|
Se a súa dádiva
fai a quen a recibe dependente de vostede,
entón non o está a axudar a fortalecerse ou a valerse por sí mesmo. |
....
| Cando
vostede dá esmola a un mendigo, estao ensinando a seguir sendo un mendigo. |
. |
Se a súa axuda
está ben pensada, e sirve para fortalecer a quen a recibe (ve-la historia
de Mohammed e a corda en contar historias),
entón é unha dádiva moito máis útil. |
.
..
...
| Unha
celebración é o feliz recoñecemento dun suceso, a miúdo dun que cambia
o estado dunha persoa ou cousa. Unha celebración é unha festa pública. |
. |
Para un activista,
a celebración do remate dun proxecto comunitario é un elemento importante
da potenciación comunitaria, onde a comunidade recibe o recoñecemento
público polo éxito acadado no seu compromiso coa autoaxuda. |
.
....
|
العربيّة:
الاحتفال
Deutsch: feier,
English: celebration,
Español: celebración,
Filipino/Tagalog: pagdiriwang,
Français: célébration,
Galego: celebración,
Ελληνικά:
Εορτασμός,
日本語: お祝い,
Kiswahili:
sherehe,
Português:
comemoração.
Romãnã:
celebrare,
ردو:جشن)
|
.
..
| A
palabra «comunidade» emprégase en distintos contextos. |
. |
Os biólogos
falan de comunidade para referirse a varios individuos dunha ou máis especies
vivindo, competindo e cooperando para formar un conxunto maior. |
..
| Coa
chegada de internet e as tecnoloxías da información, foron surxindo diversos
grupos de persoas (a miúdo compartindo un interés común), sen barreiras
xeográficas, e comunicándose electrónicamente. |
. |
O eixe deste
sitio web nesta serie de módulos, reside nun significado máis ortodoxo
de comunidade; unha comunidade de seres vivos, na que a miúdo hai barreiras
xeográficas (agás as que poidan estenderse, coma no caso das comunidades
nómades), asociadas, por exemplo, en comunidades que van dende pequenas
veciñanzas en grandes áreas urbanas, ata remotas vilas rurais. Ver hábitat. |
..
| Unha
comunidade non é simplemente un grupo de seres humanos. É un super-organismo
que pertence e forma parte da cultura,
integrado polas relacións entre a xente e os coñecementos acadados. As
súas dimensións engloban: tecnoloxía, economía, poder político, estrutura
social, valores comúns, crenzas e ideas. Non se transmite de xeito biolóxico,
senón pola aprendizaxe. |
. |
Ao igual que
unha árbore ou calquera outra forma de vida que transcenda os átomos
que a compoñen, os seus membros humanos poden ir e vir, a través da morte,
do nacemento ou a migración, e ela segue a vivir e medrar. Nunca é homoxénea,
senón que comprende moitas faccións, cismas, competencias e conflitos.
Unha comunidade é un todo que é maior que a suma das súas partes. Ver
Qué
é unha comunidade?. |
...
.
| (Deutsch:
gemeinde,
English: community,
Español: comunidad,
Filipino/Tagalog: komunidad,
Français: communauté,
Galego:
comunidade,
Kiswahili:
jamii,
Português:
comunidade,
Pyccкий: Cooобщество,
Romãnã: comunitate,
Somali: bulsho) |
...
..
| Unha
das súas maiores responsabilidades é transmiti-la información dun xeito
simple e preciso; quere transmitir que, efectivamente, hai un problema,
pero que a solución téñena eles na comunidade. |
. |
Ver Concienciación.
Sensibilización.
Poida que asuman que vostede lles vai levar recursos ou que vai resolve-los
seus problemas (así é como se crean expectativas), pero debe frear esas
suposicións. |
.
|
(العربيّة:زيادة
الوعى, Deutsch:
bewusstseinsbildung,
English: awareness
raising, Español:
sensibilización,
Filipino/Tagalog: kamalayan,
Français: augmenter
de conscience, Galego: concienciación,
Ελληνικά:
επαγρύπνηση,
हिन्दी: जागरूकता
स्थापना, 日本語:
意識を高める,
Kiswahili:
kuongeza
ufahamu, Português: aumento
de conhecimento informativo, Romãnã: constientizare)
|
...
| Contribución
comunitaria: |
...
| Cando
sinalamos que participación comunitaria non é o mesmo que contribución
comunitaria (aínda que moitos asumen que si erroneamente), tamén indicamos
que ámbalas dúas son necesarias. |
. |
Mentres
que participación comunitaria se refire á toma de decisións, que fai
que unha actividade estea baseada ou centrada na comunidade, a contribución
comunitaria é necesaria para asegurar que os membros da comunidade sintan
o proxecto como algo seu, é dicir, que invertiron nel en troques de simplemente
recibilo. |
.
| Nós
recomendamos que polo menos o cincuenta por cento das achegas de calquera
proxecto comunitario que apoiamos procedan da propia comunidade. Ao principio,
moitos membros da comunidade a miúdo ven isto con preocupación e desesperanza.
Entón aclarámoslles que o traballo común doado calcúlase dun xeito
xusto, e que, de facer isto, sorprenderíanse gratamente do incremento
de valor engadido á achega da comunidade. |
. |
Explicamos
que o tempo adicado polos membros da comunidade (especialmente os que forman
parte do comité executivo) decidindo e planeando o proxecto, son doazóns
de tempo, traballo, e habilidade executiva e de xestión. O cálculo do
traballo doado debería ser valorado dun xeito xusto. Ademais, sinalamos
que o valor das doazóns de area e terra están tamén a miúdo subestimadas
e deberían ser recoñecidas como achegas comunitarias, con estimacións
de costes xustas. |
.
..
...
| Cando
unha axencia de axuda ou organización doadora consulta aos líderes ou
representantes da comunidade, a miúdo lles preguntan se a comunidade quere
un proxecto. Probablemente a resposta será que «si». Entón, a axencia
informaría aos seus administradores ou doadores de que houbo participación
comunitaria. Iso non é correcto. |
. |
O
que tivo lugar é unha consulta, e non unha verdadeira participación comunitaria
na toma de decisións, escolla e planificación dun proxecto de entre as
prioridades da comunidade (en contraste coas prioridades da axencia). |
.
...
...
| Hai
xente que confunde participación con contribución. Moitos, cando oen
o termo «participación comunitaria», dan por feito que se refire só
á contribución comunitaria. Só pensan no traballo comunitario que dedican
os membros ao proxecto. |
. |
Por desgraza,
producíronse no pasado moitos casos nos que os membros da comunidade foron
tratados coma servos ou escravos e forzados a aporta-lo seu traballo (ou
outros recursos, como por exemplo terra ou comida). A metodoloxía promovida
neste caderno é xusto a contraria. A participación siginifica aquí participar
na toma de decisións, non só contribuir con recursos. Ver contribución
comunitaria. |
.
...
...
| Unha
das cousas máis importantes que deberiamos aprender é que cando vemos
algo que está mal, criticalo a miúdo non mellora a situación nen corrixe
o problema; pola contra, adoita empeoralo. |
. |
Por qué? Porque
os seres humanos síntense ameazados e atacados cando alguén os critica.
As críticas diminúen a confianza en nós mesmos e a autoestima. Poñémonos
á defensiva cando nos critican e, no canto de correxi-lo erro, tendemos
a defendelo. |
...
| Cando
estamos a mobilizar comunidades, coordinando voluntarios ou dirixindo xente,
debemos asimilar que cometerán erros, e estarmos preparados para manexalos
de xeito que favorezan os nosos propósitos. |
. |
Mostra-lo noso
anoxo criticando á persoa que comete o erro pode cumpli-lo propósito
de "desabafarnos", pero pagamos un alto prezo por ese alivio persoal. Consulta
as palabras clave: erros, anoxo,
e sándwich, e busca xeitos de correxir erros
sen críticas negativas. |
...
..
..
|
Cómo se cultivan
os champiñóns? «mantelos na escuridade e bótaslles esterco».
|
.
| É
unha expresión coloquial que significa o contrario que transparencia. |
. |
Úsase a miúdo
unha expresión máis obscena no canto de «esterco». |
.
.
..
| Cultura,
nas ciencias sociais, máis que a cancións e danzas simplemente, refírese
a todo o sistema social, o total das actitudes e comportamentos aprendidos,
que consisten en sistemas socio-culturais que pertencen a seis dimensións:
tecnolóxica,
económica,
política,
interactiva,
ideolóxica
e visión do mundo. |
. |
A
unidade básica da cultura é o «símbolo». A cultura non é xenética;
transmítese por símbolos de comunicación. Ás veces chámase «súper-orgánica»,
porque se compón de sistemas que transcenden as entidades biolóxicas,
humanas, que compoñen e sustentan a cultura. |
...
...
.
.
.
.
.
.
.
.
|
(العربيّة
(Arabic): , Deutsch: , English: , Español: , Filipino/Tagalog: , Français:
, Ελληνικά: , हिन्दी (Hindi): , Kiswahili: , Português:
, Romãnã: , Pyccкий: , Somali: , ردو (Urdu): )
|
..
por Phil Bartle
traducido por Nahir Seijo
|
––»«––
|