| ......... |
.
...
| A
palabra «democracia» ven das antigas linguas clásicas, onde «demo»
significa xente (como en demografía) e «cracia» signifiaca poder (como
en burocracia ou aristocracia). |
.
|
A palabra democracia
significa, pois, o poder da xente. Ironicamente, a antiga Grecia non era
moi democrática, posto que a economía estaba baseada no traballo dos
escravos. |
....
| Hai
distintos tipos de democracia: un exemplo é a democracia representativa,
na que o pobo escolle aos seus representantes (os membros do Parlamento,
por exemplo) para que tomen as decisións por eles; ou a democracia participativa,
na que a xente participa na toma de decisións. |
... |
Vostede debe,
como activista, insistir na promoción da democracia (no proxecto comunitario),
pero non é preciso que imite o sistema parlamentario británico.
Busque o que sexa apropiado para a sociedade. |
...
| (Bahasa
Indonesia: demokrasi,
Deutsch: demokratie,
English: democracy,
Español: democracia, Filipino/Tagalog:
demokrasya,
Français: démocratie,
Galego: democracia,
Ελληνικά: Δημοκρατία,
हिन्दी (Hindi): लोकतन्त्र, Italiano: democrazia,
Malay: demokrasi,
Nederlands:
democratie,
Português:
democracia,
Romãnã: democratie,
ردو (Urdu): جمہوریت) |
..
| O
síndrome de dependencia é unha actitude e crenza de que un grupo non
pode resolve-los seus propios problemas sen axuda externa. |
. |
É unha debilidade
que empeora coa caridade. Ver o síndrome
de dependencia. |
.
|
(Bahasa
Indonesia: dependensi,
Deutsch: Abhängigkeit,
English: dependency
syndrome, Español: síndrome
de dependencia, Filipino/Tagalog: pagtatangkilik,
Français: syndrome
de dépendance, Galego: dependencia,
Ελληνικά:
Εξάρτησης,
Malay:
kebergantungan,
Nederlands:
afhankelijkheid,
Português:
dependencia,
Romãnã: dependenta,
Somali: ku tiirsanaanta, ردو
(Urdu): محتاجی
کی لت)
|
..
..
| Moita
xente asume que desenvolvemento supón crecemento cuantitativo, cando a
súa característica principal é o cambio cualitativo. |
.
|
Desenvolverse
é medrar, e medrar significa algo máis que facerse grande; tamén significa
volverse máis complexo e forte. |
....
| Cando
unha comunidade se desenvolve, faise máis
forte e máis complexa. |
.
|
Experimenta
un cambio social. |
....
| Ver
«cultura». Un economista podería
ve-lo desenvolvemento só como un incremento da riqueza ou os ingresos
(absolutos ou per capita); e un enxeñeiro podería ve-lo desenvolvemento
como un maior control sobre a enerxía, ou ferramentas máis sofisticadas
e poderosas. |
. |
Para un activista,
sen embargo, esas son só dúas das seis dimensións culturais dunha comunidade
que cambia. Desenvolvemento significa cambio social nas seis dimensións
culturais: tecnolóxica, económica, política, interactiva, ideolóxica
e visión do mundo. |
.
.
..
| Desenvolvemento
da capacidade: |
...
...
| A diferenza entre desenvolvemento
da capacidade e construción da capacidade radica na orixe da forza do
crecemento. |
.
|
O termo «construción da capacidade»
implica que é algún organismo de fóra da comunidade ou organización
quen suministra a enerxía para incrementa-la súa capacidade. |
....
| Susténtase no concepto
de «enxeñería social». |
.
|
O termo «desenvolvemento da capacidade»,
pola contra, implica que a enerxía para o crecemento ven do interior da
comunidade ou organización. |
....
.
|
(Deutsch:
leistungsaufbau;
leistungsentwicklung,
English: capacity
development, Español: desarrollo
de la capacidad, Filipino/Tagalog; paglilinang
ng kakayahan, Français: renforcement
des capacités, développement
des capacités, bâtiment
de capacité, développement
de capacité, fortifier
de la communauté, Galego: desenvolvemento
da capacidade, हिन्दी (Hindi):
षमता विकास,
अधिकारिकरण,
Kiswahili:
kujengea
uwezo,
Português: desenvolvimento
de capacidade, Romãnã: dezvoltarea
capacitatii, Somali: awoodsiinta)
|
.
| Desenvolvemento
comunitario: |
..
| Cando
unha comunidade se desenvolve, medra. Ve-la palabra desenvolvemento.
Isto non significa necesariamente que se faga máis grande ou máis rica.
Significa que se fai máis complexa e forte. |
. |
Un activista
non desenvolve unha comunidade, do mesmo xeito que unha flor non crece
máis porque alguén tire dela. Unha comunidade (como institución social)
desenvólvese a sí mesma. Un activista só pode estimular, afoutar e guia-los
seus membros. |
..
| Hai
quen pensa que o desenvolvemento comunitario implica simplemente enriquecemento
:
un aumento da riqueza ou da renda per cápita. Pode selo, pero é máis
que iso. |
. |
Implica un
cambio social polo que a comunidade se fai máis complexa, engadindo institucións,
aumentando o seu poder colectivo, cambiando cualitativamente a súa organización. |
.
|
Desenvolverse
significa medrar en complexidade e forza nas seis dimensións da cultura.
|
.
.
...
| Falla
de integridade e honestidade. |
.
|
A dishonestidade
é un dos cinco maiores factores da pobreza.
|
....
| Leva
varias etiquetas, incluíndo as de corrupción, desfalcamento, extorsión
e roubo. Ocorre cando a riqueza dirixida ao desenvolvemento de toda a comunidade
é ilegalmente (e a miúdo en segredo) desviada para beneficiar a individuos
que traizoan a súa posición de confianza como servidores da sociedade
en conxunto. |
. |
A consecuente
falla de confianza contribúe, á súa vez, á apatía e á pobreza.
É por iso que vostede, como activista e promotor de organizacións comunitarias,
promove a transparencia, integridade e honestidade nos grupos que dirixe. |
.
|
(Deutsch:korruption,
unehrlichkeit,
English: corruption,
dishonesty,
Español: falta de
honradez, Filipino/Tagalog: di-matapat,
Français: malhonnêteté,
Galego: deshonestidade,
Kiswahili: rushwa,
Português:
desonestidade,
Romãnã: necinste,
Somali:
daacaddarro)
|
.
...
...
|
Unha comunidade
é unha entidade cultural, e polo tanto as dimensións tamén son aplicables
ás comunidades. Ver dimensións.
|
.
.
...
| Diñeiro
e riqueza non son o mesmo. Diñeiro é un símbolo cultural no que ten
que crer todo o mundo para que sexa útil. |
. |
Pode empregarse
para medir, transferir, intercambiar, ou acumular riqueza. (Ver «riqueza»,
e principios da riqueza). |
...
.
.
.
.
.
|
(العربيّة
(Arabic): , Deutsch: , English: , Español: , Filipino/Tagalog: , Français:
, Ελληνικά: , हिन्दी (Hindi): , Kiswahili: , Português:
, Romãnã: , Pyccкий: , Somali: , ردو (Urdu): )
|
..
por Phil Bartle
traducido por Nahir Seijo
|
––»«––
|