| .......... |
.
| Participación
comunitaria: |
..
| A
participación comunitaria supón moito máis que contribuir con traballo
ou subministracións; implica participar na toma de decisións, escoller
un proxecto comunitario, planificalo, levalo a cabo, xestionalo, seguilo,
controlalo. É diferente da contribución comunitaria. |
. |
A
animación social promove as actividades da comunidade de destino con
vistas a que asuma máis responsabilidades no seu propio desenvolvemento,
comezando polas decisións sobre qué proxectos emprender, e o estímulo
para mobilizar recursos e organizar actividades. |
.
|
O fomento da participación
comunitaria está orientado a asegurarse de que as decisións que afecten
á comunidade tómanas tódolos (non só uns poucos) membros da comunidade
(non unha axencia externa).
|
.
| Esta
metodoloxía fomenta a contribución comunitaria, xa que a comunidade é
máis responsable da actividade se inviste os seus propios recursos nela.
Tamén animamos ao Goberno e aos doadores externos a falar das súas actividades
con toda a comunidade; isto chámase consulta comunitaria. |
. |
Non deberiamos
equipara-la participación comunitaria coa contribución comunitaria ou
coa consulta comunitaria (como fan por erro moitas axencias de axuda);
participación significa aquí participar na toma de decisións, no control
e na coordinación. |
.
.
...
| Planificar
é pensar e achar qué facer no futuro. Un bo plan ten unha serie de pasos
que levan dende a situación actual ata o fin desexado. Ver plan
de traballo. |
.... |
Un método
efectivo é o «pensamento invertido no tempo», co que se comeza pensando
no que se quere acadar ao final, mírase ao paso inmediatamente anterior
a ese, despois ao anterior, e así ata chegar á situación actual. |
...
|
(Bahasa
Indonesia: perencanaan,
Deutsch: Planung,
English: planning,
Español: planificación,
Filipino/Tagalog: pagpaplano,
Français: planification,
Galego: planificación, Ελληνικά: Σχεδιασμός,
Malay: merancang,
Nederlands:
plannen,
Português:
planificar, Romãnã:
planificarea,
ردو (Urdu): منصوبہ
بندى)
|
.
....
| Pobreza
é algo máis que a falla de diñeiro e ingresos, máis que a falla de
acceso a instalacións e servicios como auga, estradas, educación ou clínicas.
É o resultado da «pobreza de espírito» , é dicir, unha actitude de
desesperanza, un descoñecemento dos recursos dispoñibeis, unha dependencia
doutros, falla de confianza, de estímulos, de habilidades, de integridade
e dunha organización efectiva e sostible; en resumo, falla dunha boa xestión.
Ver factores da pobreza. |
. |
A pobreza é
un problema social e precisa dunha solución social; non é só a falla
de ingresos dun grupo de persoas. Pode reducirse organizando e guiando
aos pobres para que se axuden a sí mesmos, e se fortalezan (potenciación)
como resultado de participar nas loitas e enfrontarse aos retos. A erradicación
da pobreza, porén, esixe unha mellora consolidábel da xestión. |
.
...
| Potenciación
comunitaria: |
...
|
Aumenta-la capaciadade
dunha comunidade é aumenta-la súa aptitude para face-las cousas por sí
mesma.
|
.
|
Non é só engadir
servicios ou instalacións comunitarias como estradas, sanitarios, auga,
ou acceso á educación e á atención sanitaria.
|
.
| Implica
aumenta-la aptitude e a forza; máis habilidades, máis confianza, e unha
organización máis eficaz. Non pode xurdir da caridade ou a doazón de
recursos externos. Pode facilitarse con accións como proxectos comunitarios,
pero só cando tódolos membros da comunidade están involucrados dende
o comezo para decidir sobre a acción comunitaria, identificar recursos
ocultos na comunidade, e desenvolvendo un sentido da propiedade e a responsabilidade
sobre as instalacións comunitarias dende o comezo ata o final. |
. |
Aínda que
o Goberno pode axudar a aumenta-la democratización delegando na comunidade
parte do poder para lexislar, o uso que ésta faga da toma de decisións
legais depende da súa capacidade práctica, é dicir, da habilidade para
tomar decisións sobre o seu propio desenvolvemento, para determina-lo
seu propio futuro. Poder, forza, capacidade, habilidade, potenciación. |
.
.
.
|
(العربيّة
(Arabic): , Deutsch: , English: , Español: , Filipino/Tagalog: , Français:
, Ελληνικά: , हिन्दी (Hindi): , Kiswahili: , Português:
, Romãnã: , Pyccкий: , Somali: , ردو (Urdu): )
|
..
por Phil Bartle
traducido por Nahir Seijo
|
––»«––
|