|
.
|
Palabras
clave do módulo A preparación
|
.
..
| Posibelmente
a emoción máis perigosa no noso traballo sexa o anoxo ; cómo o tratamos.
Como seres humanos, temos emocións, e o anoxo é só unha delas. Non pasa
nada por estar anoxado; forma parte da condición humana. Non teriamos
que sentirnos culpables ou avergoñarnos cando sentimo-la emoción do anoxo.
O anoxo é en sí unha emoción humana normal. Temos que acepta-lo feito
de anoxarnos. |
... |
Porén, o xeito
no que actuamos cando estamos anoxados pode afectar ao noso traballo, xa
esteamos mobilizando comunidades, coordinando voluntarios ou dirixindo
ao persoal. Cando un cliente, un voluntario, un membro do persoal ou da
comunidade comete un erro (especialmente un que afecte aos nosos obxectivos,
por exemplo), sentimo-la tentación de amosa-lo noso anoxo, cando ese é
precisamente o momento no que deberiamos manternos calmos e serenos. |
..
| Cando
vemos que alguén comete un erro que afecta aos resultados que desexamos,
temos que recoñecer que isto nos anoxa e que é responsabilidade nosa
manexar ese anoxo. A acción máis rápida e eficaz a levar a cabo é ir
dar un paseo. Se non hai tempo para iso, daquela deberiamos polo menos
ir a outra habitación sen mostra-lo noso anoxo, e deixar que desapareza
ahí, fora da vista dos que o causaron. |
. |
Logo, cando
teñamo-lo anoxo baixo control, poderemos facer fronte mellor á cousa
ou suceso que o provocou. Se foi un erro dun cliente, dun voluntario, dun
membro do persoal ou da comunidade, podemos actuar como se describe na
palabra clave erro. Esta acción só será
efectiva se a emprende estando tranquilo e con dominio de sí mesmo. |
.
|
(Deutsch:
wut,
English:
anger,
ire, choler, Ελληνικά:
Θυμός,
Español: Ira,
Filipino/Tagalog:
Galit,
Français:
colère,
Galego: anoxo,
Kiswahili:
hasira.
Galega:
anoxo,
Português:
ira,
Romãnã: furie,
Tiên Việt: sự
tức giận)
|
..
..
| Ás
veces tamén chamada animación social. Do latín «anima» (vida, alma,
lume, movemento automático). Para estimular ou mobilizar a unha comunidade
para que se mova por sí mesma, que viva, que se desenvolva. |
. |
Outras veces
úsase como substituto de mobilización. Animación significa unir e mobiliza-la
comunidade para que consiga (como unidade) o que pretende. |
..
| A
metodoloxía da potenciación comunitaria leva a animación social un paso
máis alá, usando métodos de formación para directivos co propósito
de aumenta-la capacidade da comunidade (ou das organizacións con sede
nela) para decidir, planificar e dirixir o seu propio desenvolvemento.
Forma a membros e líderes da comunidade nas técnicas de xestión necesarias
para garantir que a comunidade teña o control sobre o seu propio desenvolvemento. |
..... |
Tamén alenta
e forma a funcionarios do goberno, autoridades locais e líderes comunitarios
para que abandonen o rol protector de facilitar instalacións e servicios.
Aprenden a axudar ás comunidades a identificar recursos e levar a cabo
accións para conseguir e manter servicios e instalacións para o poboado. |
.
|
(Deutsch:
animation,
Ελληνικά:
ζωοδότηση,
κοινωνική
ζωοδότηση, English:
animation,
Español: animación
social, Français: animation
sociale, Galego: animación,
Italiano: animazione,
Kiswahili: ramsisha.
Malay:
animasi,
Português:
animação,
Romãnã: animare)
|
..
..
.
|
(Deutch:
animator,
Ελληνικά: ζωοδότης,
κινητοποιητής,
English:
animator,
mobilizer,
activist,
Español:
activista,
Filipino/Tagalog: Pagbibigay-Buhay,
Français: mobilisateur,
animateur,
Galego: animador,
Italiano: animatore,
Kiswahili: ramsisha.
Malay:
penganimasi,
Português:
animador,
Romãnã: animator)
|
..
..
..
| Ás
veces está relacionada cunha filosofía fatalista. Porén, "A Deus
rogando e co mazo dando," é un dito
que demostra que estamos nas mans de Deus, pero tamén temos a responsabilidade
de axudarnos a nós mesmos. |
.. |
Fomos creados
con moitas habilidades: a de escoller, a de cooperar, a de organizarnos
para mellora-la nosa calidade de vida; non deberiamos deixar que as nosas
ideas sobre Deus ou Alá nos sirvan como escusa para non facer nada. |
.
|
(Deutsch:
Apathie,
Ελληνικά: απάθεια,
English:
apathy,
Español:
apatía,
Filipino/Tagalog:
pagsasawalang
bahala,
Français: apathie,
Galego: apatía,
Kiswahili: usugu,
Malay:
apati,
Português:
apatia,
, Romãnã: apatie,
Somali:
naceyb)
|
.
..
| Un
dos cinco factores capitais da pobreza
é a ignorancia. Para moita
xente a palabra ignorante é un insulto. Simplemente significa que algunhas
personas descoñecen algunhas cousas; non hai que avergoñarse diso. |
. |
Hai que ter
en conta que ignorancia e estupidez son cousas moi distintas. Os adultos
poden aprender, pero non os tratemos coma nenos ou seres inferiores, porque
poderiamos bloquea-la súa aprendizaxe. |
..
|
Ignorancia significa
falta de coñecementos; a estupidez é a incapacidade para adquirilos;
e necidade é non saber o que se podería ou tería que saber. Ignorancia,
estupidez e necidade son cousas moi distintas.
|
.
|
(Deutsch:
Unwissenheit,
Ελληνικά:
δυνατότητες,
ισχύς,
δύναμη,
English:
ignorance,
Español: ignorancia,
Filipino/Tagalog:
kamangmangan,
Français:
ignorance,
Galego: ignorancia,
Malay:
ketidaktahuan,
Português:
ignorância,
Romãnã:
ignoranta,
Somali:
jaahilnimo)
|
.
.....
|
A habilidade,
poder
ou forza dunha comunidade ou organización.
Cando se potencia, gaña máis forza.
|
..
|
(Deutsch:
empowerment,
die
stärkung, leistungsfähigkeit,
Ελληνικά:
δυνατότητες,
ισχύς,
δύναμη,
English: capacity, power, strength,
Español: capacidad,
potenciación,
Filipino/Tagalog: kakayahan,
pagpapalakas,
Français:
capacité,
empowerment,
Galego:
capacidade,
हिन्दी
(Hindi): क्षमता,
Italiano:
empowerment,
Kiswahili:
uwezo,
Malay:
kapasiti,
Português:
capacidade,
fortalecendo,
Romãnã: capacitate,
Pyccкий:
paзвития,
Somali: awooda)
|
..
| Desenvolvemento
da capacidade: |
...
...
| A diferenza entre desenvolvemento
da capacidade e construción da capacidade radica na orixe da forza do
crecemento. |
.
|
O termo «construción da capacidade»
implica que é algún organismo de fóra da comunidade ou organización
quen suministra a enerxía para incrementa-la súa capacidade. |
....
| Susténtase no concepto
de «enxeñería social». |
.
|
O termo «desenvolvemento da capacidade»,
pola contra, implica que a enerxía para o crecemento ven do interior da
comunidade ou organización. |
....
.
|
(Deutsch:
leistungsaufbau;
leistungsentwicklung,
Ελληνικά: ανάπτυξη
δυνατοτήτων, English: capacity
development, Español: desarrollo
de la capacidad, Filipino/Tagalog; paglilinang
ng kakayahan, Français: renforcement
des capacités, développement
des capacités, bâtiment
de capacité, développement
de capacité, fortifier
de la communauté, Galego: desenvolvemento
da capacidade, हिन्दी (Hindi):
षमता विकास,
अधिकारिकरण,
Kiswahili:
kujengea
uwezo,
Malay: pembangunan
kapasiti, Português: desenvolvimento
de capacidade, Romãnã: dezvoltarea
capacitatii, Somali: awoodsiinta)
|
..
...
| Unha
celebración é o feliz recoñecemento dun suceso, a miúdo dun que cambia
o estado dunha persoa ou cousa. Unha celebración é unha festa pública. |
. |
Para un activista,
a celebración do remate dun proxecto comunitario é un elemento importante
da potenciación comunitaria, onde a comunidade recibe o recoñecemento
público polo éxito acadado no seu compromiso coa autoaxuda. |
.
....
.
...
| A
axuda aos pobres e aos necesitados é un valor universal, reflectido en
tódalas grandes relixións. Pero hai xeitos e xeitos de dar. |
.
|
Se a súa dádiva
fai a quen a recibe dependente de vostede,
entón non o está a axudar a fortalecerse ou a valerse por sí mesmo. |
....
| Cando
vostede dá esmola a un mendigo, estao ensinando a seguir sendo un mendigo. |
. |
Se a súa axuda
está ben pensada, e sirve para fortalecer a quen a recibe (ve-la historia
de Mohammed e a corda en contar historias),
entón é unha dádiva moito máis útil. |
.
|
(Deutsch:
Wohltätigkeit,
Ελληνικά: φιλανθρωπία,
English: charity,
Español: caritativo,
Filipino/Tagalog: Kawang-Gawa,
Français: charité,
Galego: caridade,
Kiswahili: kujitolea,
Malay:
amal,
Português:
caridade,
Romãnã: caritate)
|
.
..
| A
palabra «comunidade» emprégase en distintos contextos. |
. |
Os biólogos
falan de comunidade para referirse a varios individuos dunha ou máis especies
vivindo, competindo e cooperando para formar un conxunto maior. |
..
| Coa
chegada de internet e as tecnoloxías da información, foron surxindo diversos
grupos de persoas (a miúdo compartindo un interés común), sen barreiras
xeográficas, e comunicándose electrónicamente. |
. |
O eixe deste
sitio web nesta serie de módulos, reside nun significado máis ortodoxo
de comunidade; unha comunidade de seres vivos, na que a miúdo hai barreiras
xeográficas (agás as que poidan estenderse, coma no caso das comunidades
nómades), asociadas, por exemplo, en comunidades que van dende pequenas
veciñanzas en grandes áreas urbanas, ata remotas vilas rurais. Ver hábitat. |
..
| Unha
comunidade non é simplemente un grupo de seres humanos. É un super-organismo
que pertence e forma parte da cultura,
integrado polas relacións entre a xente e os coñecementos acadados. As
súas dimensións engloban: tecnoloxía, economía, poder político, estrutura
social, valores comúns, crenzas e ideas. Non se transmite de xeito biolóxico,
senón pola aprendizaxe. |
. |
Ao igual que
unha árbore ou calquera outra forma de vida que transcenda os átomos
que a compoñen, os seus membros humanos poden ir e vir, a través da morte,
do nacemento ou a migración, e ela segue a vivir e medrar. Nunca é homoxénea,
senón que comprende moitas faccións, cismas, competencias e conflitos.
Unha comunidade é un todo que é maior que a suma das súas partes. Ver
Qué
é unha comunidade?. |
...
.
| (Deutsch:
gemeinde,
Ελληνικά:
κοινότητα,
English: community,
Español: comunidad,
Filipino/Tagalog: komunidad,
Français: communauté,
Galego:
comunidade,
Kiswahili:
jamii,
Malay: komuniti, Português:
comunidade,
Pyccкий: Cooобщество,
Romãnã: comunitate,
Somali: bulsho) |
.
..
| Para
que un proxecto ou organización se considere «baseado na comunidade»
debe orixinarse nunha comunidade, escoller algúns responsables entre os
membros da comunidade, e que as decisións (políticas e executivas) as
tomen os membros da mesma. |
. |
Unha axencia
ou proxecto externo que simplemente estea situado nunha comunidade non
pode reclama-la condición de «baseado na comunidade». Do mesmo xeito,
consultar aos líderes da comunidade non lle da dita condición. |
..
| Hai
moita diferenza entre estar baseado na comunidade e situado na comunidade.
Se unha axencia pon en marcha un servizo nunha comunidade (por exemplo,
unha clínica ou un programa de xeración de ingresos), entón dise que
está situada nunha comunidade. |
. |
Para que poida
ser chamada correctamente «baseada na comunidade», unha actividade, construción,
servicio, ou organización, debe ser escollida, seleccionada, e controlada
pola comunidade no seu conxunto (non só algunhas faccións). O importante
é que a toma de decisións estea basada na comunidade; deben tomarse dentro
e pola comunidade. |
..
.
.
| Organización
baseada na comunidade: |
...
| Unha
OBC é unha organización creada e desenvolvida nunha comunidade, na que
a toma de decisións (xestión e planificación) lévase a cabo pola comunidade
en conxunto. |
. |
Unha axencia
que se constituíu fóra e que toma decisións dende fóra, pode considerarse
como situada na comunidade, pero non está baseada na comunidade. Ve-lo
acrónimo OBC. |
...
.
| Rehabilitación
baseada na comunidade: |
...
| Neste
contexto, «rehabilitación» significa rehabilitación ou habilitación
física (biolóxica), emocional ou mental de persoas que padecen algunha
incapacidade desas características. |
. |
Cando é unha
rehabilitación baseada na comunidade, a toma de decisións e a responsabilidade
da habilitación dos discapacitados atópanse na comunidade, e non veñen
de fóra dela. |
,
.
|
(Deutsch:
gemeindenahe
Rehabilitation, Ελληνικά:
αποκατάσταση
βασισμένη στην κοινότητα, English: community
based rehabilitation, Español: rehabilitación
basada en la comunidad, Filipino/Tagalog:
rehabilitasyon
batay sa komunidad, Français: réadaptation
a basé dans la communauté, Galego: rehabilitación
baseada na comunidade, Kiswahili: ukarabati
wa kijamii, Malay: pusat
pemulihan berasaskan komuniti, Português: reabilitação
baseado na comunidade, Romãnã: rebilitarea
ancorata in comunitate)
|
...
| Contribución
comunitaria: |
...
| Cando
sinalamos que participación comunitaria non é o mesmo que contribución
comunitaria (aínda que moitos asumen que si erroneamente), tamén indicamos
que ámbalas dúas son necesarias. |
. |
Mentres que
participación comunitaria se refire á toma de decisións, que fai que
unha actividade estea baseada ou centrada na comunidade, a contribución
comunitaria é necesaria para asegurar que os membros da comunidade sintan
o proxecto como algo seu, é dicir, que invertiron nel en troques de simplemente
recibilo. |
.
| Nós
recomendamos que polo menos o cincuenta por cento das achegas de calquera
proxecto comunitario que apoiamos procedan da propia comunidade. Ao principio,
moitos membros da comunidade a miúdo ven isto con preocupación e desesperanza.
Entón aclarámoslles que o traballo común doado calcúlase dun xeito
xusto, e que, de facer isto, sorprenderíanse gratamente do incremento
de valor engadido á achega da comunidade. |
. |
Explicamos
que o tempo adicado polos membros da comunidade (especialmente os que forman
parte do comité executivo) decidindo e planeando o proxecto, son doazóns
de tempo, traballo, e habilidade executiva e de xestión. O cálculo do
traballo doado debería ser valorado dun xeito xusto. Ademais, sinalamos
que o valor das doazóns de area e terra están tamén a miúdo subestimadas
e deberían ser recoñecidas como achegas comunitarias, con estimacións
de costes xustas. |
.
|
(Deutsch:
gemeindebeitrag,
Ελληνικά:
κοινοτική
συνεισφορά, English: community
contribution, Español: contribución
comunitaria, Filipino/Tagalog: Kontribusyon
ng Komunidad, Français: contribution
de la communauté, Galego: contribución
comunitaria, Kiswahili: mchango
wa jamii, Malay: sumbangan
komuniti, Português: contribuição
da comunidade, Romãnã: contributia
comunitatii)
|
.
| Desenvolvemento
comunitario: |
..
| Cando
unha comunidade se desenvolve, medra. Ve-la palabra desenvolvemento.
Isto non significa necesariamente que se faga máis grande ou máis rica.
Significa que se fai máis complexa e forte. |
. |
Un activista
non desenvolve unha comunidade, do mesmo xeito que unha flor non crece
máis porque alguén tire dela. Unha comunidade (como institución social)
desenvólvese a sí mesma. Un activista só pode estimular, afoutar e guia-los
seus membros. |
..
| Hai
quen pensa que o desenvolvemento comunitario implica simplemente enriquecemento
:
un aumento da riqueza ou da renda per cápita. Pode selo, pero é máis
que iso. |
. |
Implica un
cambio social polo que a comunidade se fai máis complexa, engadindo institucións,
aumentando o seu poder colectivo, cambiando cualitativamente a súa organización. |
.
|
Desenvolverse
significa medrar en complexidade e forza nas seis dimensións da cultura.
|
.
|
(Deutsch:
gemeindeentwicklung,
Eλληνικά:
κοινοτική
ανάπτυξη, English: community
development, Español: desarrollo
comunitario, Filipino/Tagalog: kalinagangg
(kaunlaran) pangkomunidad, Français: développement
de la communauté, Galego: desenvolvemento
comunitario, Kiswahili: maendeleo
ya jamii, Malay: pembangunan
komuniti, Português: desenvolvimento
da comunidade, Romãnã: dezvoltarea comunitatii,
Somali:
horumarka
bulshada)
|
...
| Potenciación
comunitaria: |
...
|
Aumenta-la capaciadade
dunha comunidade é aumenta-la súa aptitude para face-las cousas por sí
mesma.
|
.
|
Non é só engadir
servicios ou instalacións comunitarias como estradas, sanitarios, auga,
ou acceso á educación e á atención sanitaria.
|
.
| Implica
aumenta-la aptitude e a forza; máis habilidades, máis confianza, e unha
organización máis eficaz. Non pode xurdir da caridade ou a doazón de
recursos externos. Pode facilitarse con accións como proxectos comunitarios,
pero só cando tódolos membros da comunidade están involucrados dende
o comezo para decidir sobre a acción comunitaria, identificar recursos
ocultos na comunidade, e desenvolvendo un sentido da propiedade e a responsabilidade
sobre as instalacións comunitarias dende o comezo ata o final. |
. |
Aínda que
o Goberno pode axudar a aumenta-la democratización delegando na comunidade
parte do poder para lexislar, o uso que ésta faga da toma de decisións
legais depende da súa capacidade práctica, é dicir, da habilidade para
tomar decisións sobre o seu propio desenvolvemento, para determina-lo
seu propio futuro. Poder, forza, capacidade, habilidade, potenciación. |
.
..
| Formación
para a xestión comunitaria: |
...
| A
formación
para a xestión comunitaria ten como obxectivo reduci-la pobreza; o
fortalecemento das comunidades con baixos ingresos na planificación e
a xestión de asentamentos humanos, instalacións e servicios comunitarios,
a súa construción, manexo e mantemento. Esta é unha formación para
a acción, non só para transmitir habilidades ou información ás persoas. |
. |
A formación
como método para fortalece-las comunidades con baixos ingresos, reduci-la
pobreza, promove-la participación comunitaria ou dar apoio práctico á
democratización e á descentralización, está lonxe de ser unha mera
transmisión de información e habilidades aos participantes. Tamén supón
mobilización
e organización. Non é unha formación
ortodoxa. |
.
|
A
formalización e a institucionalización deste tipo de formación trae
consigo o perigo de mutila-la aprendizaxe, de facer fincapé na transmisión
de habilidades máis que no aspecto incentivador, mobilizador e organizativo.
|
...
| A
formación para a xestión desenvolveuse neste sentido para fortalece-la
efectividade do cadro de persoal directivo e medio nas compañías con
ánimos de lucro. |
. |
Aquí modificouse
e integrouse con técnicas de organización sindical, cos propósitos de
mobilizar e fortalece-la capacidade das comunidades con baixos ingresos
para unirse e axudarse no cambio social para o desenvolvemento. |
.
|
(Deutsch:
gemeinde-management-training,
Ελληνικά: εκπαίδευση
κοινοτικής διοίκησης, English: community
management training, Español: adiestramiento
para la gestión comunitaria, Filipino/Tagalog: pagsasanay
as pamamahala ng komunidad, Français: formation
pour la gestion de la communauté, Galego: formación
para a xestión comunitaria, Kiswahili:
mafunzo
ya utawala wa jamii, , Malay: latihan
pengurusan komuniti, Português: formação para a gestão comunitária,
Romãnã: instruirea
comunitatii in management)
|
.
| Participación
comunitaria: |
..
| A
participación comunitaria supón moito máis que contribuir con traballo
ou subministracións; implica participar na toma de decisións, escoller
un proxecto comunitario, planificalo, levalo a cabo, xestionalo, seguilo,
controlalo. É diferente da contribución comunitaria. |
. |
A
animación social promove as actividades da comunidade de destino con
vistas a que asuma máis responsabilidades no seu propio desenvolvemento,
comezando polas decisións sobre qué proxectos emprender, e o estímulo
para mobilizar recursos e organizar actividades. |
.
|
O fomento da participación
comunitaria está orientado a asegurarse de que as decisións que afecten
á comunidade tómanas tódolos (non só uns poucos) membros da comunidade
(non unha axencia externa).
|
.
| Esta
metodoloxía fomenta a contribución comunitaria, xa que a comunidade é
máis responsable da actividade se inviste os seus propios recursos nela.
Tamén animamos ao Goberno e aos doadores externos a falar das súas actividades
con toda a comunidade; isto chámase consulta comunitaria. |
. |
Non deberiamos
equipara-la participación comunitaria coa contribución comunitaria ou
coa consulta comunitaria (como fan por erro moitas axencias de axuda);
participación significa aquí participar na toma de decisións, no control
e na coordinación. |
.
|
(Deutsch:
gemeindepartizipation,
Ελληνικά:
κοινοτική
συμμετοχή, English: community
participation, Español: participación
comunitaria, Filipino/Tagalog: Pakikilahok
ng Komunidad, Français: participation
de la communauté, Galego: participación
comunitaria, Kiswahili: Ushiriki
wa jamii, Malay: penyertaaan
komuniti, Português: participação
da comunidade, Romãnã: participarea
comunitatii, Somali: Ka
Geyb Galka Bushadaa)
|
..
...
| Cando
unha axencia de axuda ou organización doadora consulta aos líderes ou
representantes da comunidade, a miúdo lles preguntan se a comunidade quere
un proxecto. Probablemente a resposta será que «si». Entón, a axencia
informaría aos seus administradores ou doadores de que houbo participación
comunitaria. Iso non é correcto. |
. |
O
que tivo lugar é unha consulta, e non unha verdadeira participación comunitaria
na toma de decisións, escolla e planificación dun proxecto de entre as
prioridades da comunidade (en contraste coas prioridades da axencia). |
.
|
(Deutsch:
beraten,
Ελληνικά: συμβουλευτική,
English:
consult,
Español:
consultar,
Filipino/Tagalog: konsulta,
Français: consulter,
Galego: consulta,
Kiswahili: tatufa
ushauri, Malay: berunding,
Português: consulte,
Romãnã: consultare)
|
...
...
| Hai
xente que confunde participación con contribución. Moitos, cando oen
o termo «participación comunitaria», dan por feito que se refire só
á contribución comunitaria. Só pensan no traballo comunitario que dedican
os membros ao proxecto. |
. |
Por desgraza,
producíronse no pasado moitos casos nos que os membros da comunidade foron
tratados coma servos ou escravos e forzados a aporta-lo seu traballo (ou
outros recursos, como por exemplo terra ou comida). A metodoloxía promovida
neste caderno é xusto a contraria. A participación siginifica aquí participar
na toma de decisións, non só contribuir con recursos. Ver contribución
comunitaria. |
.
...
...
| Unha
das cousas máis importantes que deberiamos aprender é que cando vemos
algo que está mal, criticalo a miúdo non mellora a situación nen corrixe
o problema; pola contra, adoita empeoralo. |
. |
Por qué? Porque
os seres humanos síntense ameazados e atacados cando alguén os critica.
As críticas diminúen a confianza en nós mesmos e a autoestima. Poñémonos
á defensiva cando nos critican e, no canto de correxi-lo erro, tendemos
a defendelo. |
...
| Cando
estamos a mobilizar comunidades, coordinando voluntarios ou dirixindo xente,
debemos asimilar que cometerán erros, e estarmos preparados para manexalos
de xeito que favorezan os nosos propósitos. |
. |
Mostra-lo noso
anoxo criticando á persoa que comete o erro pode cumpli-lo propósito
de "desabafarnos", pero pagamos un alto prezo por ese alivio persoal. Consulta
as palabras clave: erros, anoxo,
e sándwich, e busca xeitos de correxir erros
sen críticas negativas. |
...
..
| (Deutsch:
kritik,
Ελληνικά:
κριτική,
English:
criticism,
Español:
críticas,
Filipino/Tagalog:
Kritisismo
o Pamumuna, Français: critique,
Galego: crítica,
Kiswahili:
pingamizi,
Malay:
kritikan,
Português:
crítica,
Romãnã:
critica) |
.
..
| Cultura,
nas ciencias sociais, máis que a cancións e danzas simplemente, refírese
a todo o sistema social, o total das actitudes e comportamentos aprendidos,
que consisten en sistemas socio-culturais que pertencen a seis dimensións:
tecnolóxica,
económica,
política,
interactiva,
ideolóxica
e visión do mundo. |
. |
A unidade básica
da cultura é o «símbolo». A cultura non é xenética; transmítese
por símbolos de comunicación. Ás veces chámase «súper-orgánica»,
porque se compón de sistemas que transcenden as entidades biolóxicas,
humanas, que compoñen e sustentan a cultura. |
...
...
| (Deutsch:
kultur,
Ελληνικά:
πολιτισμός,
English:
culture,
Español:
cultura,
Filipino/Tagalog:
kultura,
Français:
culture,
Galego: cultura,
Kiswahili:
tamaduni,
Malay:
budaya,
Português:
cultura,
Romãnã: cultura,
Somali:
dhaqanka) |
..
| O
síndrome de dependencia é unha actitude e crenza de que un grupo non
pode resolve-los seus propios problemas sen axuda externa. |
. |
É unha debilidade
que empeora coa caridade. Ver o síndrome
de dependencia. |
.
..
..
| Moita
xente asume que desenvolvemento supón crecemento cuantitativo, cando a
súa característica principal é o cambio cualitativo. |
.
|
Desenvolverse
é medrar, e medrar significa algo máis que facerse grande; tamén significa
volverse máis complexo e forte. |
....
| Cando
unha comunidade se desenvolve, faise máis
forte e máis complexa. |
.
|
Experimenta
un cambio social. |
....
| Ver
«cultura». Un economista podería
ve-lo desenvolvemento só como un incremento da riqueza ou os ingresos
(absolutos ou per capita); e un enxeñeiro podería ve-lo desenvolvemento
como un maior control sobre a enerxía, ou ferramentas máis sofisticadas
e poderosas. |
. |
Para un activista,
sen embargo, esas son só dúas das seis dimensións culturais dunha comunidade
que cambia. Desenvolvemento significa cambio social nas seis dimensións
culturais: tecnolóxica, económica, política, interactiva, ideolóxica
e visión do mundo. |
.
.
|
(Deutsch:
Entwicklung,
Ελληνικά: ανάπτυξη,
English: development,
Español: desarrollo,
Filipino/Tagalog: kalinangan
, Français: développement,
Galego: desenvolvemento,
Malay:
pembangunan,
Português:
desenvolvimento,
Romãnã: dezvoltare,
Somali: horumarka).
|
.
...
...
|
Unha comunidade
é unha entidade cultural, e polo tanto as dimensións tamén son aplicables
ás comunidades. Ver dimensións.
|
.
..
...
|
As enfermidades
son un dos cinco maiores factores da pobreza.
|
.
| É
máis barato, máis humano e máis productivo para unha sociedade ou comunidade
previr que curar enfermidades, e dirixi-los seus limitados recursos ao
tratamento dunhas poucas enfermidades comúns que afectan á maioría da
poboación, antes que a sofisticadas técnicas e equipos para o tratamento
duns poucos ricos (velaí as razóns polas que a OMS promove e sostén
os principios da atención primaria sanitaria). |
. |
Sabendo isto,
vostede como activista podería desafiar a escolla inicial dunha clínica,
feita sen apenas reflexionar pola comunidade, e quizais facerlles ve-lo
razoamento lóxico de escoller en primeiro lugar efectivos sistemas de
auga e sanitarios para previr enfermidades que xurden da auga. |
.
|
(Deutsch:
Krankheit,
Ελληνικά:
αρρώστιες,
English: disease,
Español: enfermedad,
Filipino/Tagalog: sakit,
Français: maladie,
Galego: enfermidade,
Malay:
penyakit,
Português:
doença,
Romãnã: boala,
Somali:
cudur)
|
.
...
| Falla
de integridade e honestidade. |
.
|
A dishonestidade
é un dos cinco maiores factores da pobreza.
|
....
| Leva
varias etiquetas, incluíndo as de corrupción, desfalcamento, extorsión
e roubo. Ocorre cando a riqueza dirixida ao desenvolvemento de toda a comunidade
é ilegalmente (e a miúdo en segredo) desviada para beneficiar a individuos
que traizoan a súa posición de confianza como servidores da sociedade
en conxunto. |
. |
A consecuente
falla de confianza contribúe, á súa vez, á apatía e á pobreza.
É por iso que vostede, como activista e promotor de organizacións comunitarias,
promove a transparencia, integridade e honestidade nos grupos que dirixe. |
.
|
(Deutsch:
korruption,
unehrlichkeit,
Ελληνικά:
διαφθορά,
ανειλικρίνεια,
English: corruption,
dishonesty,
Español: falta de
honradez, Filipino/Tagalog: di-matapat,
Français: malhonnêteté,
Galego: deshonestidade,
Kiswahili: rushwa,
Malay:
ketidakjujuran,
Português:
desonestidade,
Romãnã: necinste,
Somali:
daacaddarro)
|
.
...
| De
tódolos métodos de aprendizaxe (ler, escoitar, observar), o máis efectivo
é o de «facer». Ver métodos
de formación. |
. |
Aprender facendo
pode inclui-la acción directa, como traballar no campo baixo a supervisión
dun monitor; ou a acción indirecta, como participar nunha sesión de improvisación
ou nun xogo de simulación. |
...
| (Deutsch:
handeln,
Ελληνικά:
πρακτικά,
English: doing,
Español: practicando,
Filipino/Tagalog: paggawa,
Français: faire,
Galego: facer,
Malay:
melakukan,
Português:
fazendo,
agir,
faça,
Romãnã: a practica) |
..
.
| A
palabra «xénero» emprégase para diferenciar dúas categorías: «masculino»
e «feminino». |
.
|
Non debería
confundirse coa palabra «sexo», que se usa
para distinguir entre «macho» e «femia». |
....
| O
xénero e as súas interpretacións do que constitúe masculino e feminino
cambia moito de cultura a cultura, de comunidade a comunidade. |
.
|
O que nos importa
a nós principalmente é o xeito no que as distincións de xénero afectan
á distribución do poder, ás relacións económicas, e ás diferenzas
sociais. |
....
| Son
importantes variables que afectan ás comunidades, e tamén á natureza
do traballo de tódolos activistas. |
. |
Un activista
debe (como parte do requisito de aprendizaxe sobre unha comunidade) entender
qué valores, actitudes e conceptualizacións comparten os membros da comunidade. |
...
|
Tamén debe traballar
para reduci-las diferenzas inxustas entre xéneros a nivel político e
económico, como elemento importante da potenciación comunitaria.
Ve-lo módulo de formación xénero.
Ver tamén idade,
raza e sexo.
|
.
|
(Deutsch:
gender,
Ελληνικά:
γένος,
English:
gender,
Español:
género,
Filipino/Tagalog:
pangkasarian
o kasarian, Français: genre,
Galego:
xénero,
Kiswahili:
ujinsia,
Malay:
gender,
Português:
género,
Romãnã: gen,
Somali:
Jandar)
|
.
...
.
| Estímulo.
Non é exactamente o mesmo que organizar,
porque ten que haber acción (a xente vólvese móbil, móvese) para que
se lle poida chamar mobilización. |
. |
É
parecido á animación social,
excepto que a animación inclúe tanto a mobilización como a organización.
Ver «acción». |
...
| (Deutsch:
mobilisieren,
Ελληνικά:
κινητοποιώ,
English:
mobilize,
Español:
movilización,
Filipino/Tagalog: nagbibigay-buhay,
Français: mobilisez,
Galego: mobilizar,
Malay:
memobilisasi,
Português:
mobilizar,
Romãnã:
a
mobiliza,
Somali:
wacyigelinta) |
.
.
| Un
activista é alguén que mobiliza, é dicir, que fai que as cousas se movan.
Animador social. Oficial ou axudante para o desenvolvemento comunitario. |
. |
Traballador
comunitario. Promotor da participación comunitaria. Ver ser
activista. |
...
|
(Deutsch:
mobilisieren,
activist,
Ελληνικά:
κινητοποιητής,
ακτιβιστής,
ζωοδότης,
English:
mobilizer,
activist,
animator,
Español:
activista,
Filipino/Tagalog: pakilusin,
Italiano: attivista,
Kiswahili: ramsisha.
Français: mobilisateur,
Galego: activista,
Malay:
pemobilisasi,
Português:
ativista,
Romãnã: mobilizator)
|
|
|
.
...
| Diñeiro
e riqueza non son o mesmo. Diñeiro é un símbolo cultural no que ten
que crer todo o mundo para que sexa útil. |
. |
Pode empregarse
para medir, transferir, intercambiar, ou acumular riqueza. (Ver «riqueza»,
e principios da riqueza). |
...
.
| (Deutsch:
geld,
Ελληνικά:
χρήμα,
English:
money,
Español:
dinero,
Filipino/Tagalog:
pera,
Français:
argent,
Galego: diñeiro,Malay:
wang,
Português:
dinheiro,
Romãnã: bani,
Somali:
lacag) |
..
|
Cómo se cultivan
os champiñóns? «mantelos na escuridade e bótaslles esterco».
|
.
| É
unha expresión coloquial que significa o contrario que transparencia. |
. |
Úsase a miúdo
unha expresión máis obscena no canto de «esterco». |
.
|
(Deutsch:
pilzaufzucht,
Ελληνικά:
συμπεριφορά
μανιταριών, English:
mushroom
treatment,
Español: setas,
cultivo
de setas, Filipino/Tagalog: tratong
kabuti, Français: champignon,
traitement
de champignon, Galego: o
cultivo do champiñón,
Malay:
pengendalian
cendawan, Português:
tratamento
de cogumelo, Romãnã: "cultivarea"
ciupercilor)
|
.
....
| Pobreza
é algo máis que a falla de diñeiro e ingresos, máis que a falla de
acceso a instalacións e servicios como auga, estradas, educación ou clínicas.
É o resultado da «pobreza de espírito» , é dicir, unha actitude de
desesperanza, un descoñecemento dos recursos dispoñibeis, unha dependencia
doutros, falla de confianza, de estímulos, de habilidades, de integridade
e dunha organización efectiva e sostible; en resumo, falla dunha boa xestión.
Ver factores da pobreza. |
. |
A pobreza é
un problema social e precisa dunha solución social; non é só a falla
de ingresos dun grupo de persoas. Pode reducirse organizando e guiando
aos pobres para que se axuden a sí mesmos, e se fortalezan (potenciación)
como resultado de participar nas loitas e enfrontarse aos retos. A erradicación
da pobreza, porén, esixe unha mellora consolidábel da xestión. |
.
| (Deutsch:
Armut,
Ελληνικά: φτώχεια,
English: poverty,
Español: pobreza,
Filipino/Tagalog: Kahirapan,
Français: pauvreté,
Galego: pobreza,
Malay:
kemiskinan,
Português:
pobreza,
Romãnã: saracie,
Somali:
Faqri) |
.
...
| A
palabra «aliviar» significa quita-la dor e o malestar dun xeito temporal.
Dar diñeiro aos pobres non remata coa pobreza. |
. |
Como activistas
adicados a combati-las causas da pobreza no canto dos seus síntomas,evitamos
este plantexamento (o mero alivio fruto da transferencia de diñeiro). |
...
|
(Deutsch:
Armutslinderung,
Ελληνικά: κατευνασμός
της φτώχειας, English: poverty
alleviation, Español: alivio
de la pobreza, Filipino/Tagalog: pagpapawi
sa kahirapan, Français: allégement
de pauvreté, Galego: alivio
da pobreza, Italiano:
alleviare
la povertà, Malay:
peringanan
kemiskinan, Português:
alívio
de pobreza, Romãnã: alinarea
saraciei, Somali:
yareynta
faqriga)
|
.
...
| Como
activistas, traballamos contra o problema social da pobreza analizando
as súas causas e dando pasos para combatelas e eliminalas. Dado que a
pobreza é un problema social, a súa solución tamén o é. |
. |
Pode atopar
dous plantexamentos complementarios sobre a eliminación da pobreza (comunitaria
e privada) nestes dous módulos: ciclo
de mobilización comunitaria e programa
de xeración de ingresos. |
.
| (Deutsch:
Armutsbeseitigung,
λληνικά:
εξάλειψη
φτώχειας, English:
poverty
eradication, Español: erradicación
de la pobreza, Filipino/Tagalog: pagpuksa
sa kahirapan, Français: extirpation
de pauvreté, Galego: erradicación
da pobreza, Italiano:
alleviare
la povertà, Malay:
penghapusan
kemiskinan, Português:
erradicação
de pobreza, Romãnã: eradicarea
saraciei, Somali:
ciribtirka
faqriga) |
..
...
| A
palabra «reducir» significa facer algo máis pequeno. Ver principios
da potenciación comunitaria. |
. |
En
contraste co «alivio» , que trata temporalmente os síntomas da pobreza,
a redución atópase no camiño correcto cara á erradicación. |
...
. .
| Atención
sanitaria primaria: |
...
| O
concepto de atención sanitaria primaria, promovido e apoiado pola Organización
Mundial da Saúde, é un paquete de normas e prácticas de especial interés
para os pobres e os habitantes de países con baixos ingresos. |
. |
Os principios
que contén ese paquete fan fincapé no emprego de diñeiro para o coidado
sanitario de baixo coste para enfermidades comúns, que afectan á maioría
da poboación, no canto de emprega-los escasos recursos en prácticas curativas
de alto coste e sofisticadas (por exemplo, alta tecnoloxía) que só benefician
aos ricos. |
...
| Tamén
recoñece que previr é moito máis barato que curar, que da como resultado
unha redución da mortalidade (índice de mortalidade) e da morbosidade
(índice de enfermidade) que presionan a economía, e é máis humano. |
. |
Inclúe a idea
de que se pode dar formación de baixo nivel en técnicas médicas a moitas
persoas, que poden chegar aos recantos máis remotos do país, e que poden
remiti-los casos difíciles a profesionais máis preparados nas áreas
urbanas. |
...
| A
idea de ASP é importante para os activistas dos países pobres, xa que
ten que entendela todo o mundo, e é un xeito máis eficiente de asigna-los
limitados recursos. |
... |
Os
principios que hai detrás da ASP tamén son aplicabeis a outras actividades
baseadas na comunidade, como o traballo social baseado na comunidade. Ve-lo
acrónimo
ASP. |
...
|
(Deutsch:
Primäre
Gesundheitsversorgung,
Ελληνικά:
θεμελιώδης
ιατρική φροντίδα, English: primary
health care, Español:
atención
sanitaria primaria, Filipino/Tagalog: pangunahing
kalingang pangkalusugan, Français: santé
primaire, Galego: atención
sanitaria primaria, Italiano:
assistenza
sanitaria primaria, Malay: penjagaan
kesihatan utama, Português: cuidado
médico primário, Romãnã: ingrijirea
medicala primara)
|
..
...
| Animación
social significa poñer vida («ánima») nunha institución social, como
poida ser unha comunidade. |
. |
A miúdo chamada
«animación» (non confundir con facer debuxos animados para o cine).
Ver animación. |
..
..
...
...
| (Deutsch:
Empowerment,
die
stärkung, Stärken,
Ελληνικά:
ανάπτυξη
δυνατοτήτων, ενδυνάμωση,
δύναμη, ισχυροποίηση,
English:
capacity
development,
empowerment, power, strengthening,
Español: potenciación,
Filipino/Tagalog: pagpapalakas,
Français: empowerment,
Galego: fortalecemento,
हिन्दी (Hindi): षमता विकास अधिकारिकरण,
Italiano: empowerment,
Kiswahili:kujengea
uwezo, Malay: menguatkan,
Português: desenvolvimento
de capacidade, fortalecendo,
Romãnã:
dezvoltarea
capacitatii,
intarire,
Pyccкий: Рaзвития,
Somali: xoojinta) |
––»«––
|