Páxina principal
 A organización


Traducións:

Arabic
Bahasa Indonesia
Bulgarian
Chinese
Hindi
English
Español
Filipino
Francais
Greek
Japanese
Polski
Português
Romãnã
Thai
Urdu

Outros formatos:

Texto
Power Point

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Enlaces de interese

TRAZAR UN PLAN DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC)

A comunidade decide o seu propio futuro

polo Doutor Phil Bartle,

traducido por Nahir Seijo


Caderno de formación

Decidi-lo que se quere, observa-lo que está dispoñíbel, e recoñece-los pasos que se precisan para logralo: son as bases da planificación

Cando estea a formar e alentar á comunidade e á súa executiva para que sexan máis fortes (máis autosuficientes), debe inculcarlle-la necesidade da xestión e a planificación.

Para a planificación, primeiro é preciso ter unha visión: «Onde quere ir?» Para ilustrar isto, a miúdo citamos a Lewis Carroll, o autor de «Alicia no país das maravillas»: «Se non sabes cara onde vas, entón calquera camiño valerá».

É importante que a comunidade estea unida compartindo a súa visión. A súa misión como activista é asegurarse disto.

A esencia da planificación da xestión está condensada en catro preguntas:
  1. «Que queremos?»
  2. «Que temos?»
  3. «Como emprega-lo que temos para consegui-lo que queremos?» e
  4. «Que vai pasar cando o fagamos?»
A avaliación da comunidade debería responder á segunda pregunta.

Para contestar ás preguntas tres e catro, a comunidade debería preparar un plan de acción comunitaria (PAC). Pode ser un plan dun ano, de cinco, ou doutro período, tendo concordancia no tempo cos plans do distrito.

O plan de acción debe indicar:
  1. a situación actual da comunidade;
  2. cal quere que sexa ao final do período; e
  3. como pretende pasar do punto 1 ao 2.
Pode facer referencia a calquera proxecto comunitario planeado; descríbense máis abaixo.

O plan de acción debe ser trazado polo comité executivo, baseándose nas observacións da comunidade á avaliación presentada. Logo preséntase o borrador do plan de acción a toda a comunidade, para melloralo e aprobalo.

De novo vostede, como activista, non debería presentalo, senón facilitar que a executiva poida facelo. Debe aceptalo toda a comunidade unida.

––»«––
A executiva comunitaria planificando un proxecto

A executiva da OBC planificando un proxecto

 Diseño web: Lourdes Sada

Última actualización: 12.03.2009

 Páxina principal

 A organización