THIS PAGE HAS BEEN MOVED
If you are not redirected to its new location in a few seconds, please click here
DON'T FORGET TO UPDATE YOUR BOOKMARKS!
A PREPARACIÓN
Pautas para o activista
traducido por Nahir Seijo
Introdución ao módulo
Documentos que contén o módulo A preparación .
Preparación para ser un activista comunitario
Antes
de poder favorecer con éxito o desenvolvemento da autoaxuda nunha comunidade, debe
vostede prepararse.
Debe
ter claras e coñecer en profundidade as súas metas;
debe saber algo da súa comunidade
de destino;
debe posuir as habilidades necesarias;
debe comprender os conceptos
fundamentais da
mobilización.
O
primeiro que ten que facer e empezar un diario.
Vale
un simple caderno de escola.
Colla
catro e titúleos: (1) Metas e conceptos; (2) A comunidade de destino; (3) Habilidades
para mobilizar; e (4) Un rexistro diario.
Como
queira que se organice vostede, é importante que comece a facer anotacións dende
agora.
Escríbaas
tendo en conta como lector ao seu futuro substituto.
Este
módulo cóntalle o que precisa para prepararse. Porén, non asuma que pode prepararse
«de golpe».
Os
activistas estamos continuamente aprendendo máis e máis sobre tóda-las materias
nomeadas neste capítulo.
É
un proceso que non remata nunca, e estaremos condenados ao fracaso se algunha vez
pensamos que o sabemos todo.
––»«––
Sesión de formación:
Se
copia algún material deste sitio, por favor mencione ao autor(es) e
poña un enlace a www.scn.org/cmp/
© Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle Deseño web Lourdes Sada
––»«–– Última actualización: 08.07.2011
|