COÑEZA
AS HABILIDADES QUE PRECISA
Qué
precisa para saber cómo actuar?
polo
traducido por Nahir Seijo
Caderno
de formación
Habilidades
que precisa para a mobilización
As
habilidades que precisa un activista non son demasiado difíciles de aprender, pero
poden ser armas moi poderosas. Poden empregarse mal.
Como
analoxía, pense nas habilidades dun cerralleiro. Un cerralleiro presta moitos servicios
útiles e valiosos, pero poden ser mal empregados para romper unha fechadura, entrar
e roubar.
Cando
aprenda técnicas de mobilización, úseas para o beneficio da comunidade, non para
beneficiarse vostede a costa dela.
Tendo
en conta que o seu obxectivo é a comunidade en conxunto, unha boa parte das técnicas
que precisa teñen que ver coas habilidades comunicativas. Ten que aprender a ser
un orador público, pero non calquera clase de orador público. Precisa coñece-la
clase de discurso público necesario para o liderazgo e a facilitación.
Debe
aprender a extraer información e decisións dun grupo, o que require coñecer ben
as súas metas e amosarse seguro e relaxado diante da xente.
Ten
que ser capaz de distinguir entre predicar, semonar e facer discursos, e evitar eses
estilos.
As
habilidades técnicas que precisa un activista inclúen: falar en público, planificación,
xestión, observación, análise, e escritura. O mellor xeito de aprendelas é de
xeito autodidacta.
Tamén
ten que adquirir un carácter honesto, entusiasta, positivo, tolerante, paciente
e motivado.
Ten
que saber cómo escoitar e entender cando fala a xente.
Ten
que saber cómo asegurarse de que a información é fiable.
Ten
que saber cómo ilustrar unha cuestión e facela interesante para quen o escoita.
Vostede
non sermona como un predicador; non fai discursos como un político; non da charlas
como un catedrático.
Precisa
aprender a permanecer seguro ó tempo que sensible cos demais mentras está entre
ou diante de moita xente.
Ten
que saber cómo coñecer e apreciar á xente.
Ten
que saber cómo evitar ser egocéntrico, vaidoso, ou arrogante.
Ten
que saber cómo levar unha discusión sen resultar mandón, dictatorial ou sarcástico.
Apréndao
por sí mesmo.
Vostede
aprende estas habilidades facendo (non
simplemente lendo un libro de texto).
Se
asistira a clases de desenvolvemento comunitario, e só se sentara e collera apuntes,
non lograría a mellor formación. Debe practicar, primeiro fronte aos seus compañeiros
de clase, despois fronte a un grupo comunitario. Ver métodos
de formación.
Como
ten que organizar grupos comunitarios e formar comités executivos, precisa dalgunhas técnicas
organizativas. Como
tamén fortalece impartindo técnicas de xestión, vostede mesmo precisa destas técnicas.
Como
guía grupos comunitarios cara a súa propia planificación, vostede mesmo precisa
algunhas técnicas de planificación.
Como
aconsella e guía grupos para que sexan honestos e precisos coas súas contas e rexistros
financieiros, necesita algunhas técnicas
de contabilidade .
Como
ensina a grupos a escribir informes e precisa escribi-los seus propios, precisa técnicas
de escritura.
Aprender
facendo.
Precisa
saber como aprender un idioma rapidamente (ver un
método auditivo de aprender unha linguaxe oral)
e como familiarizarse con varias linguas nunha comunidade.
Máis
que só habilidades técnicas, precisa ter algúns rasgos de personalidade necesarios
para ter éxito como activista (mira-los cadernos de formación ser
un activista e descripción
do traballo).
A
súa reputación é
a súa mellor baza. Se é coñecido por ser honesto, diplomático, xusto, traballador,
ético, decente, tolerante, entusiasta, humilde, e franco, a súa reputación axudará
aos seus esforzos na mobilización. Se non o é, busque outra vocación.
––»«––
Copyright:
Phil Bartle
Última actualización: 29.11.2008
|