Páxina principal
A preparación

Traducións:

Bulgarian
Català
Cebuano
Chinese
Deutsch
English
Español
Filipino
Français
Greek
Italiano
Kiswahili
Pashto
Português
Polski
Romãnã
Russian
Sindhi
Somali
Urdu

Outros formatos:

Texto
Power Point

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Enlaces de interese

COÑEZA A SÚA COMUNIDADE DE DESTINO

Quén se beneficia das súas accións?

polo Doutor Phil Bartle

traducido por Nahir Seijo


Caderno de formación

Ser un analista e investigador social;  un bo oleiro debe coñece-las características da arxila

Outro dito que usamos no desenvolvemento comunitario é: «O oleiro debe coñece-la súa arxila».  A súa arxila é a comunidade.  Vostede quere moldeala, convertela en algo forte.

Para facelo, debe saber moitas cousas sobre a comunidade (e sobre a natureza das comunidades en xeral). Debe coñecer todo o que sexa posíbel sobre a súa organización social, economía, idiomas, trazado (mapa), problemas, política, e ecoloxía.

A súa investigación non debería reducirse a unha lista de feitos non relacionados; precisa analizalos para entende-la natureza da comunidade como sistema social (ver Qué é comunidade? e investigación social).

Pense na relación entre os distintos elementos.

Un bo comezo é facer un mapa. Ónde vive a xente? Qué instalacións hai na comunidade?  (por exemplo: estradas, camiños, suministro de auga, clínica, escola, sanidade, mercado e outras instalacións e servicios comunitarios).

Máis tarde, cando dirixa aos membros da comunidade cara a unha evaluación da situación da comunidade (recursos, necesidades, oportunidades, problemas), guiaraos na construcción dun mapa comunitario. Facer un agora para vostede axudarao para esa posterior actividade en equipo.

Tome notas no seu diario. Faga observacións sobre: a organización social, a economía, o(s) idioma(s), a política, os valores compartidos, as tradicións, e a relación da comunidade co medio natural (ecoloxía).

Continúe analizando cómo se relacionan entre sí os distintos elementos.

––»«––


Última actualización: 29.11.2008


 Páxina principal
A preparación