Páxina principal
 O comezo


Traducións:

Arabic
Bahasa Indonesia
Bulgarian
English
Español
Filipino
Français
Greek
Hindi
Italiano
Japanese
Kiswahili
Português
Romãnã
Russian
Thai
Urdu

Outros formatos:

Texto
Power Point

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Enlaces de interese

A COMUNIDADE ESCOLLE A ACCIÓN

A escolla é o comezo do fortalecemento

polo Doutor Phil Bartle

traducido por Nahir Seijo


Caderno de formación

Unha comunidade ten o dereito (e a responsabilidade) de decidi-lo seu propio futuro

O eixe do seu diálogo público e da concienciación vai se-la decisión da comunidade no que respecta á acción a levar a cabo.

É fundamental para ter éxito que a decisión final sexa a de toda a comunidade, e non só o desexo de unha ou duas faccións da mesma.

Haberá moita impaciencia e presión para completa-la acción, xa se trate de construir unha latrina, unha clínica ou o suministro de auga, unha nova lexislación que protexa os dereitos dos arrendatarios, ou a prestación de traballo social.

Non se deixe distraer pola impaciencia e a presión.

A comunidade ten o seu obxectivo (unha latrina, por exemplo) mentres vostede ten o seu (a potenciación comunitaria). Son diferentes.

Vostede axuda e guía á comunidade na obtención das súas metas, axeitadamente, leve o tempo que leve.

Os políticos, xornalistas, e administradores tentarán xulgalo segundo os obxectivos da comunidade (a construción de latrinas, por exemplo). Non se deixe enganar por iso.

Facer latrinas é o seu "medio", non a súa meta.

Se se constrúen sen fortalece-la comunidade, sen aumenta-la igualdade de xénero, a transparencia, ou a auto-confianza, entón fracasou vostede na consecución do seu obxectivo.

Pode resultar máis doado inxectar recursos a unha comunidade (por exemplo: diñeiro, tuberías, materiais para os tellados) para construi-la súa estrutura física, pero probabelmente non sexa sostible; os membros da comunidade non o van sentir coma seu, e non se sentirán responsabeis de mantelo.

Pode que alcance vostede o obxectivo a curto prazo que pretenden os políticos ou os xornalistas de dotar á comunidade de latrinas, pero fracasará no logro da súa meta a longo prazo coma activista comunitario de fortalece-la comunidade.

Se non se fai ben, non merece a pena facelo.

A política do «abastecemento» míngua á comunidade e contribúe ao «síndrome de dependencia», debilitante social.

Unha vez preparada a comunidade (concienciación, maior unidade, fidelidade na información , acción prioritaria escollida), estará lista para a acción.

O próximo módulo amósalle o seu papel nese punto.

––»«––

 Deseño web de Lourdes Sada

Última actualización: 23.01.2009

<
 Páxina principal

 O comezo