Páxina principal
 O comezo


Traducións:

Arabic
Bahasa Indonesia
Bulgarian
English
Español
Filipino
Français
Greek
Hindi
Italiano
Japanese
Kiswahili
Português
Romãnã
Russian
Thai
Urdu

Outros formatos:

Texto
Power Point

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Enlaces de interese

O CICLO DE MOBILIZACIÓN

O proceso de fortalecer unha comunidade

polo Doutor Phil Bartle,

traducido por Nahir Seijo


Caderno de formación

A intervención mobilizadora consiste nunha serie de pasos que debe dar

Existe un proceso social lóxico e funcional para fortalecer unha comunidade. Varía en lonxitude e nalgúns detalles, pero o modelo é o mesmo. O seu papel consiste en comeza-lo proceso e continualo.

Este ciclo de mobilización é só un exemplo do proceso, tomado do Programa de Xestión Comunitaria de Uganda .

O seu cambiará de comunidade a comunidade, dun perído a outro, e segundo os recursos dos que dispoña, a política do seu padrón, ou outras circunstancias.

O proceso básico é algo así: primeiro obteña permiso e autorización para face-lo seu traballo; despois empece a concienciar á comunidade de que hai problemas.

Sexa precavido para que non asuman que vai vostede a arranxa-los problemas, pero subliñe que a comunidade conta con recursos potenciais para solucionalos por si mesma. Só precisan de vontade e dalgunhas técnicas de xestión que pode axudarlles a acadar.

Facilite a unión, avaliación e acordo da comunidade con respecto ao seu obxectivo prioritario. Axúdeos a preparar un comité executivo, ou a reactivar un que xa existía. Apoieos no trazado dun plan de acción e no deseño do proxecto. Anímeos mentres o levan a cabo (eles, non vostede), asegurándose de que hai transparencia, seguimento e información. Axúdeos a celebra-lo remate, e despois a evalua-los resultados.

Atoparase vostede máis veces co ciclo de mobilización neste sitio web.

Coa segunda avaliación o proceso volve a comezar de cero: de ahí que se chame ciclo.

A segunda volta teñen máis forza e confianza neles mesmos, e poida que teña vostede identificados algúns activistas locais que o axuden a mante-lo ciclo mentres vostede se retira pouco a pouco. Debe repeti-lo ciclo cando sexa oportuno.

Cando prepara a unha comunidade para a acción, está a preparala para aborda-lo ciclo.

––»«––

O ciclo de mobilización:


O ciclo de mobilización

Última actualización: 23.01.2009

<
 Páxina principal

 O comezo