Páxina principal


Traducións:

Arabic
Indonesia
Bulgar
Chinese
Deut
English
Español
Filipino
Français
Greek
Hindi
Italiano
Japanese
Kiswahili
Português
Romãnã
Russian
Thai
Urdu

Outros formatos:

Texto
Power Point

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Enlaces de interese

O COMEZO

Preparar á comunidade para a acción

polo Doutor Phil Bartle

traducido por Nahir Seijo


Introdución ao módulo (comezo)

Documentos incluídos neste módulo «O comezo» :

Cousas que debe facer antes de que a comunidade entre en acción

No módulo anterior amosámoslle algunhas cousas que precisa (como activista) facer e aprender para prepararse. Neste, leerá cómo comezar por vostede mesmo.

Non leve á acción á comunidade sen tela preparado antes. A súa fase de comezo correspóndese coa fase de preparación da comunidade.

Algúns activistas consideran ás autoridades coma «inimigos» ou «opositores», e ven o seu labor como o de organiza-las comunidades pobres para facer fronte a eses «opresores».

Pode ser un enfoque axeitado nalgúns casos, e considérase a miúdo coma «compromiso cívico» máis que «participación comunitaria».

A metodoloxía destes módulos (desenvolvida sobretodo en África) defende que ter a esas autoridades do noso lado achéganos ao sostemento, e a unha política nacional coherente e un programa de eliminación da pobreza.

Logo de ter concienciado ás autoridades e conseguido os permisos necesarios para poder levar a cabo o seu traballo, a seguinte tarefa é concienciar á comunidade ou comunidades de destino que pretende mobilizar e fortalecer.

Concienciar ás autoridades supón sobre todo: (1) explicarlle-los seus fins e (2) métodos, e (3) convencelos de que poden obter beneficios do seu éxito.

Lembre que vai atopar resistencia cara ao cambio social, e que a miúdo os que teñen máis intereses creados estarán no seu grupo de destino.

Unha vez conseguidas as autorizacións precisas para desenvolve-lo seu traballo, hai que preparar á comunidade (concienciación, aumento da unidade, fidelidade na información, acción prioritaria escollida).

Concienciar ás comunidades de destino supón explicarlle-los seus fins e métodos, e tamén toma-las medidas axeitadas para previ-la aparición de falsas expectativas.

Neste punto, a súa maior preocupación debe ser asegurarse de que non hai equívocos entre información e interpretación.

Este módulo ensínalle cómo comezar.

––»«––
Se copia algún material deste sitio, por favor mencione ao autor (es)
e poña un enlace a www.scn.org/cmp/

 Deseño web de Lourdes Sada

Última actualización: 23.01.2009

 Páxina principal