Páxina principal
 O comezo


Traducións:

Arabic
Bahasa Indonesia
Bulgarian
English
Español
Filipino
Francais
Greek
Italiano
Japanese
Kiswahili
Português
Romãnã
Russian
Thai
Urdu

Outros formatos:

Texto
Power Point

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Enlaces de interese

ORGANIZARSE PARA FORTALECERSE

Acrecenta-la capacidade mediante a organización

polo Doutor Phil Bartle

traducido por Nahir Seijo


Caderno de formación

Cando os demais factores son iguais, é o nivel de organización o que determina a forza

Aínda que hai moitos factores que contribúen ao fortalecemento, á capacidade, ou á potenciación, o que máis importa ao activista é a «organización».

Se os demais elementos son iguais, o nivel e efectividade da organización define a forza do grupo, axencia ou comunidade.

Poñamo-lo exemplo dun equipo de fútbol. Se temos dous equipos de fútbol co mesmo número de xogadores, que contan coa mesma habilidade, condición física, e tecnoloxía (a calidade das zapatillas, por exemplo), serían iguais. Poñamos por caso que un dos equipos non está organizado: non hai repartición de traballo, coordinación, nen unha estrutura xerárquica apreciábel. O outro equipo está organizado: ten un adestrador con autoridade,e distintos roles para o porteiro, laterais esquerdos e dereitos, dianteiros, e demais postos.

Cando os demais factores son idénticos, o nivel de organización determina a forza. Cada membro do equipo ten unha tarefa distinta e lévano á práctica xogando en conxunto (cando pasan o balón, por exemplo). Neste caso vese ben que o segundo equipo é máis poderoso, ten máis forza e capacidade que o primeiro, aínda que compartan o resto das características.

Mellor organización leva consigo máis capacidade. Pasa o memo coas sociedades.

Tome este exemplo (non pola historia que encerra, senón polo principio sociolóxico). O pobo Akan, no oeste de África, espallouse rapidamente durante os séculos XVI e XVII, e pronto conquistaron aos Guans, que os precedían. Contaban con tecnoloxías moi semellantes (incluíndo as armas), como tamén o eran outras características.

Pero os Guan eran unha sociedade patrilineal e vivían en liñaxes espalladas, mentres que os Akan eran matrilineais, de xeito que organizaban os distintos clans en alianzas funcionais, vivindo en asentamentos concentrados, e desempeñando cada clan un papel diferente nas guerras (vangarda, flanco dereito e esquerdo, retagarda, avituallamento, e altos mandos) e tendo unha organización de estado.

Do mesmo xeito que na organización do equipo de fútbol, cando os demais factores son iguais (tecnoloxía, habilidades), o sistema máis organizado (os Akan, cuxo epítome foron os Ashanti) gañou ao menos organizado.

O que lle interesa a vostede, como activista, é que o seu obxectivo de fortalecer unha comunidade de baixos ingresos consiste en axudar ao seu grupo de destino a organizarse conscientemente para lograr maior efectividade.

Non constitúe vostede a executiva dunha OBC para o seu beneficio propio, nen para axudalos a escoller presidente, vicepresidente, secretario, e tesoreiro, simplemente para posuír fermosos títulos. Axúdaos a que se organicen, se organicen mellor, ou reorganicen para a acción efectiva; para fortalecelos. Mellora-la organización aumenta a forza.

Outros módulos guiarano no tocante á organización. Sexa consciente de por qué organiza (con qué finalidade?) e deixe que os membros do grupo de destino participen como compañeiros neste noble esforzo (a potenciación de comunidades con baixos ingresos).

––»«––

Organización da comunidade


Organización da comunidade

 Deseño web de Lourdes Sada

Última actualización: 26.01.2009

<
 Páxina principal

 O comezo