Páxina principal
 O comezo


Traducións:

Arabic
Bahasa Indonesia
Bulgarian
English
Español
Filipino
Français
Greek
Hindi
Italiano
Japanese
Kiswahili
Português
Romãnã
Thai
Urdu

Outros formatos:

Texto
Power Point

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Enlaces de interese

UNIFICAR

Unir a toda a comunidade

polo Doutor Phil Bartle

traducido por Nahir Seijo


Caderno de formación

O «normal» é que nunha comunidade haxa escisións sociais

Antes amosámoslle que debía asegurarse de que as mulleres asistisen ás xuntanzas comunitarias que convoque (coa excepción das comuniades conservadoras islámicas)

O mesmo cos diminuídos, os novos, os vellos, os pobres, os que carecen de dereito ao voto, os marxinados, os tímidos e os xubilados. Isto forma parte da estratexia para unifica-la comunidade.

Ver Unificar. Tódalas comunidades contan con forzas que as dividen.

Poden estar baseadas nas diferenzas entre clans, grupos étnicos, relixións, clases, xénero, idade, educación, capacidade física e mental, oficio, ingresos, riqueza, acceso ás terras (propietarios, arrendatarios, ocupantes ilegais, e outros) e demais características que dividen á xente. Ver escisión social.

É importante que, como activista, o consideren neutral (coma un mediador), e non aliado ou faborábel a algunha facción.

Isto significa que debe coñece-la comunidade moi ben. Se pasa moito tempo con uns, os outros poden percibir que é vostede parcial.

Non tema referirse en público ás diferenzas e faccións que hai na comunidade, pero indique deseguido que non está aliado con ningunha delas.

Recorde tamén que non busca homoxeneiza-la comunidade, pero que estea unificada implica que tódalas faccións son leais á comunidade en conxunto e, nunha atmosfera de tolerancia, todo o mundo entende e respecta aos demais, independentemente da relixión, clase, clan, xénero, habilidade, riqueza, etnia, lingua, ou idade.

A unidade da comunidade é una condición necesaria para identifica-lo seu maior problema e o obxectivo prioritario.

––»«––

Contribución comunitaria:


Comida para os traballadores voluntarios

 Deseño web de Lourdes Sada

Última actualización: 23.01.2009

<
 Páxina principal

 O comezo